Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concierto: Camarada Nimoy

4 noviembre, 2016 @ 11:30 pm - 1:00 am

6€

CONCIERTO DESPEDIDA

Comunicaco oficial de Camarada Nimoy:

«Camaradas: despois de 4 anos, e con dous Lps autoeditados en vinilo, deixamos o noso proxecto sonoro – visual e farémolo como debe ser; dun xeito divertido, sen misticismos e sen trapalladas, posto que a nostalxia é reaccionaria e o mellor sempre está por chegar. O venres 4 de novembro daremos a nosa última actuación na Iguana Club de Vigo xunto ao noso colega Zan Hoffman, que será o Chamán que faga que esa abdución colectiva voe polos aires ata a nave nodriza, a gran «Nave Hórreo».
Sempre fumos un grupo de amigos que de rebote eran músicos, non ao revés. Pablo Muñiz Fernandez, Xoaquín Ese Efe e Paulo pilotamos agora a nave pero son parte dela todos os que emitiron frecuencias con nós, Camarada Diego, Camarada Gontxu, Camarada Lucas, Camarada David, Camarada Patri, Camarada Alber… bua por non falar da peña que tanto aportou co seu apoio, grazas de corazón. Despois deste tempo quedaba meterse a por outro disco e sair novamente a defendelo, pero moitas cousas internas e externas dificultan este proxecto que nunca tivo axudas de ninguén para seguir funcionando deste xeito.
Deixamos dous bos traballos en vinilo, sentir as incribles criticas da xente nos directos que non tivemos noutros proxectos, mais flipante se pensamos que fixemos algo instrumental sen ningún tipo de concesión máis que dar saída a unha necesidade expresiva. Aprendimos moito e non tivemos apoio de ningunha productora ou promotor local, ata aquí chegamos con dignidade sen ocultar nunca ningún aspecto ideolóxico, utilizando sempre como ferramenta de comunicación o noso idioma, posto que pensamos que isto é moi preciso e máis se cadra nestes tempos.
Pois iso, moitas grazas amigxs, todo isto foi incríble, se algunha vez retomamos teremos boa xente coñecida no camiño.
Grazas!! Camarada Nimoy»

Si alguien debe saberlo compártelo ...
Share on Facebook0Tweet about this on Twitter

Detalles

Fecha:
4 noviembre, 2016
Hora:
11:30 pm - 1:00 am
Precio:
6€
Evento Categoría:
Pagina Web:
http://www.laiguanaclub.com/programacion.php?id=859#evento

Lugar

La Iguana Club
Calle Churruca, 14
Vigo, Pontevedra 36201 España
+ Google Map
Teléfono:
986220190
Pagina Web:
http://www.laiguanaclub.com/